25 de novembro



Elas que son terra firme.

Preme na imaxe para ver o álbum de fotos:




Vídeos: 




Para coñecelas... 

Información de interese do 
Parque Nacional das Illas Atlánticas:   

(preme nas imaxes)







Para seguir coñecéndoas...
                  (preme nos enlaces)

Ficha técnica



Para coñecelas un pouco máis…












Elas nos libros.

Historias para os máis pequechos. 

"Mamá cóntame un conto. Un conto de piratas, trasnos e tesouros... Papá cóntame un conto, un conto delas!"




Cousiñas que agochaban
Elas que son terra firme.











Os fondos mariños agochan os tesouros destas illas
A extraordinaria riqueza mariña das illas explícase polo ascenso das augas profundas ricas en nutrientes, que serven de sustento a pequenos microorganismos, base da cadea alimentaria. A circulación das correntes mariñas e estuáricas, a variedade de substratos e o relevo dos fondos dotan ao medio mariño de distintos escenarios ecolóxicos que determinan a gran diversidade de flora e fauna mariña. Este é o gran tesouro escondido do Parque Nacional das Illas Atlánticas.


Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Altánticas.
Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dio o xornal The Guardian. É a praia de Rodas nas illas Cíes. Augas cristalinas e tranquilas, area fina e dourada, unha suxestiva forma de media lúa e, protexendo a praia, un bosque de piñeiros que convidan á sesta.

 Se no pasado as Cíes foron refuxio de piratas, agora están deshabitadas e abertas ao público só no verán. Así se conservan como un paraíso natural, sen présas, sen tráfico. Só o rumor das ondas e o vento. Pero se botas de menos o ruído, sobe ao Faro. As vistas son impresionantes e poderás gozar dun espectáculo único: o balbordo de miles de gaivotas (quizá a maior colonia de Europa) nos cantiis... voando aos teus pés. Ademais das Cíes, o parque das Illas Atlánticas inclúe Ons, Sálvora e Cortegada. En Ons non te perdas as misteriosas "furnas", covas mariñas esculpidas en granito que como a lendaria "Burato do Inferno", dicíanse que baixaban ata o mesmo inferno e nas noites de tormenta podían oírse as voces dos mortos. E logo, para recuperar forzas, nada como saborear o famoso "polbo á Illa".

Os organismos mariños
Os seres humanos somos fundamentalmente terrestres. Quizais esta é a razón do descoñecemento que temos en xeral sobre os organismos que habitan no mar. Neste cadro danse algunhas nocións da nomenclatura e a clasificación básica que se usa ao falar de organismos mariños, para facilitar a lectura dos parágrafos onde se especifican os organismos que habitan cada tipo de fondo.

Principais grupos animais que habitan no medio mariño
Crustáceos. Artrópodos mariños, posúen un caparazón de quitina que protexe o corpo e que mudan por completo para poder crecer. Aquí inclúense animais como os percebes, pulgas de mar, cochinillas mariñas, cangrexos, camaróns e outros similares.
Moluscos. É o grupo de invertebrados mariños máis diverso. Son animais con corpo brando envolto por unha membrana chamada manto que segrega a cuncha (nalgúns reducida, interna ou inexistente). Inclúense aquí os bivalvos como o mexillón, os gasterópodos como os bígaros, os cefalópodos como o polbo e a lura, ou as babosas mariñas.

Pesca
En augas do Parque Nacional tan só está permitida a pesca artesanal de carácter tradicional. A súa actividade recolle unha gran diversidade de aparellos que o uso e tradición souberon crear de forma adecuada para case cada especie para capturar:
Artes de deriva ou cerco: o cerco de xareta e o “xeito”; para especies pelágicas sobre todo sardiña e cabala.
Artes menores de enmalle: formados por un ou máis panos de rede armados (betas, miños, trasmallos, etc.), con elas péscase gran variedade de peces e crustáceos- rodaballo, abadexo, maragota, raia, faneca, linguado, centolla , boi, lagosta, lubrigante e choco.
Artes menores de palangre ou anzol:
ü Liña: constituído por unha liña ?sedela- nai que penden sedelas con anzol.
ü Palangrillos. Aparellos de anzol que constan dun cabo nai do que penden brazoladas verticais.
ü Curricán: aparello de anzol horizontal que se remolca por unha embarcación.
Estas tres artes pescan especies pelágicas segundo tipos de anzol: caballa, sargos, maragota,...
ü Potera: liña vertical cunha varilla, no seu extremo inferior provisto de varios anzois. Para lura ou pota como se coñece aquí.
Trampas: útiles de pesca que se calan fixos ao fondo e actúan a modo de trampa para a captura de moluscos ou crustáceos
ü Nasas: en forma de cesto compostas por un armazón ríxido recuberto de rede, provistas dunha ou máis aberturas ou bocas. Emprégase sobre todo para os crustáceos, como lagosta, bogavante, centolas, boi, nécoras, camarón.
Os poboadores das illas utilizaron sempre técnicas artesanais para a explotación do mar. O carácter tradicional desta actividade é, polos seus valores culturais, ecolóxicos e económicos, a única que fai posible a compatibilidade entre a explotación e a conservación o medio mariño; e, por tanto, a única permitida no Parque Nacional.

Marisqueo
Son as illas, pola variedade dos seus ecosistemas- cantiis, areais, fondos de cuncha-, territorio de abundantes mariscos ben coñecidos polos insulars e xentes da costa. Existen distintas técnicas de captura segundo as especies:
Marisqueo a pé: durante a baixamar na zona intermareal, con sinxelos azadones para recolección de ameixa, berberecho, ou nos cantiles con pas adaptadas para o percebe.
Marisqueo á boia: con embarcacións e distintas artes.
ü Con Raño ou endeño- vara longa que termina nun anciño con cubeta.- ameixas, vieira.
ü Con nasas- especie de caixa feita con rede na que quedan retidos a exemplares- nécora, ...
ü Outros: mediante mergullo a pulmón ou con uso controlado de compresores.- orella de mar, navalla, ourizo...
Estas técnicas aseguran a selectividade nas capturas polo que só é necesario o control das características das capturas para asegurar a sustentabilidade da explotación.

Turismo
O crecente interese turístico por estas singulares illas nos 60 derivou nunha gran afluencia de visitantes durante os anos 70 e 80. Por sorte, grupos con intereses conservacionistas estudaron os efectos destes novos turistas que chegaban por terra e por mar, deixaban residuos, e cuxas acampadas provocaban molestia nas especies existentes e a proliferación de novas introducidas.

A biodiversidade estaba desprotexida en todos os seus hábitats, e a administración iniciou os estudos para a súa protección. Nestes momentos a regulación do uso público ten como obxectivo a conservación desta particular contorna.
A información sobre os valores naturais e culturais deste parque indican ao turista como comportarse, facéndolle responsable e partícipe da súa conservación.

Pesca sustentable: unha alternativa viable.
Nestes momentos a nivel mundial o 87% das poboacións pesqueiras están plenamente explotadas ou sobreexplotadas. Os fondos mariños das Illas Atlánticas albergan unha gran riqueza que contribuíu a soster ás poboacións próximas a elas a través da pesca e o
marisqueo. Estes foron, na maioría dos casos, unha pesca e un marisqueo artesanais, a pequena escala e máis respectuosos co medio ambiente que a pesca industrial, xa que as capturas son máis reducidas e selectivas. Os obxectivos actuais no Parque Nacional son:ü a determinación das artes de pesca e do número de capturas que se consideran compatibles coa conservación
ü a zonificación mariña, que regularía os distintos usos (navegación, fondeo, submarinismo, pesca,?) e incluiría zonas de reserva integral nas que non se permitiría ningún uso e que actuarían como viveiro natural que axude mesmo á rexeneración dos ecosistemas mariños externos ao Parque.
A regulación da pesca no Parque Nacional non só fai posible a conservación e o uso sustentable, senón que redunda en beneficios económicos e sociais para toda a comunidade da contorna, converténdose nun factor de cohesión social e nun dos instrumentos de xestión máis poderosos.


OBXECTIVO: Coñecemento para a Conservación
As illas son un referente natural e cultural de gran valor, o seu uso e conservación determinará o seu futuro e, nisto, estamos todos implicados. A historia e o estudo deste patrimonio amósannos as súas debilidades e fortalezas, e en consecuencia debemos actuar.
As actividades que actualmente se desenvolven no parque nacional recollen os usos tradicionais de outrora, estúdase o seu coñecemento e trátase de poñelas en valor para a protección do patrimonio natural e cultural deste espazo tan singular.




Agora tócache a ti…
Xa sabes moito sobre as Illas Atlánticas, e no mural do cole podes atopar máis información, pero… o que máis nos interesa é qué podemos facer para coidalas, protexelas e respectalas. Escribe unha mensaxe nunha botella e tíraa ao mar, preto do noso mapa do tesouro, para que quen a lea, poida axidarnos a conservar tan valioso tesouro. Anímate!



No hay comentarios:

Publicar un comentario