martes, 3 de mayo de 2016

9 de maio: Día de Europa


Nesta data conmemoramos o día de Europa. Para elo diseñamos unha actividade para levar a cabo en todas as aulas de primaria. Consiste en escoller un país europeo por nivel, e facer unha pequena investigación sobre o mesmo, buscando información como a capital, o idioma etc. plasmandoo na ficha que entregamos aos titores.



Unha vez recabada dita información comeza o xogo. Temos que tentar averiguar que país representa a cada un dos niveis. Para complicar un pouquiño a cousa, introducirnos na linguaxe non verbal e relacionalo co proxecto a información recabada vai estar presentada a través do alfabeto nautico, posiblemente na porta de cada titoría. Para descifrar a resposta, presentada con bandeiras, ides ter un mural na cima das escaleiras coa correspondencia entre bandeira e letra.
Cada nivel centraráse na mesma pregunta para todos os países, é dicir, primeiro tentará averiguar que países son o resto dos cursos preguntandolle a todos pola súa capital; segundo, polo seu idioma, e o resto como aparece naficha que vos deixamos máis abaixo.
Esperamos que o pasedes xenial, á vez que coñecedes un chisquiño máis este voso mundo!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario