viernes, 27 de noviembre de 2015

Museo do Mar e Cinema Submarino - Vigo

O pasado 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos niveis 5º e 6º fumos de excursión a Vigo. Levantámonos cedo, pero valeu a pena. Primeiro visitamos o Museo do Mar de Galicia (ao ladiño da Praia de Samil) un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. En pequenos grupo, desfrutamos da exposición permanente na que puidemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca, e tamén as exposicións temporais. Había moito que ver, e case que non nos dou tempo a velo todo: unha répica en gran tamaño do Beagle, o barco no que viaxou Charles Darwin e que deu lugar á “Orixe das especies”, un esquelete dunha gran balea prehistórica, traxes de buzos de distintas épocas, un acuario no que non lle faltaba un bogavante que mudara a súa coraza ou ata ovos de quenlla…
Despois dunha breve pausa para merendar, volvemos a subirnos no autobús para que nos levara ao centro de Vigo. Alí, xunto con outros coles, asistimos a un enorme auditorio para recrearnos con “O legado das Rías galegas”, un documental que busca comprometérmonos na conservación dás nosas rías. A través del somerxémonos nunha riqueza natural única e sorprendémonos coas estratexias das especies para sobreviviren.
A xornada foi moi productiva, pasámolo moi ben e voltamos con máis ganas de “vivir tocando o mar” un chisquiño máis…

Se premedes na imaxe de abaixo, poderedes aceder ao álbum da saída!


No hay comentarios:

Publicar un comentario